Friday 22 de November de 2024

Iniciados os traballos para a pavimentación de vías en Portocelo, Atalaya e Castillo, en Camariñas


● Esta actuación conta cun orzamento de 46.000 euros e está financiada a través do Plan Único da Deputación da Coruña.

O Concello de Camariñas deu comezo aos traballos para a pavimentación do camiño de Portocelo, Atalaya e Castillo, na parroquia de Camariñas. Unha actuación que conta cun orzamento de 46.014,42 euros e que está financiada a través do Plan Único da Deputación da Coruña.

Esta obra consiste na limpeza das beiravías e o pavimentado do firme, con triple rego asfáltico, xa que actualmente este camiño atópase sen pavimentar, presentando unha plataforma natural, mestura de terra pedras, que impide o seu uso normal para o paso de peóns.