A obra tiña que esta finalizada xa hai meses e a situación é non só penosa senón tamén perigosa tanto para o tráfico como para as persoas que pasan andando a diario.
A rúa situada na parroquia de Arteixo conecta a avda de Caión con Cepo e Candame
O grupo municipal do BNG lamenta o atraso na finalización de obras e as molestias que durante meses se ocasionan por non cumprir os prazos de execución “ era unha obra que consideramos beneficiosa, de ancheamento e mellora, mais o que no é lóxico é o lamentábel estado en que está a contorna e levan meses así” indica o portavoz municipal, Xurxo Couto.
A obra denominada ampliación e regularización do sistema viario, foi adxudicada adxudicada po r 168.253,36 euros., o contrato formalizouse o Asinouse a formalización o 20 de marzo de 2022 e o prazo de execución era de catro meses desde a data de sinatura da acta de replanteo “ está claro que tiña que esta finalizada e a zona en perfecto estado algo que non acontece”
O BNG alertou tamén do perigo que supón ter as obras sen finalizar, situación aínda agravada polas condicións meteorolóxicas e sen sinalización como se pode observar nas imaxes “o grupo municipal do BNG rexistrou unha solicitude no Concello para que se adopten medidas urxentes” indican desde o grupo municipal.