Saturday 16 de November de 2024

Realizada a primeira proba do procedemento para a cobertura en propiedade das súas prazas de auxiliar administrativo convocadas polo concello


Das 212 admitidas presentáronse 128 aspirantes.

O pavillón Municipal da Laracha acolleu hoxe o primeiro exercicio do procedemento selectivo para a cobertura en propiedade de dúas prazas de auxiliar administrativo mediante o sistema de oposición libre.

Das 212 persoas admitidas presentáronse 128 para a realización da proba tipo test eliminatoria. Aqueles aspirantes que a superen serán citados para o seguinte exercicio do total de tres dos que consta o procedemento selectivo. Ademais, aqueles que non acrediten estar en posesión do título Celga 3 ou equivalente, deberán superar a correspondente proba de coñecemento da lingua galega.

Esta convocatoria, sumada aos procedementos de estabilización de emprego que ten en marcha o Concello, permitirá reducir a taxa de interinidade do persoal municipal coa finalidade última de mellorar tanto a calidade e a xestión dos servizos como a atención á cidadanía larachesa.