O Grupo Municipal do BNG da Laracha realiza un cambio na súa portavocía que pasará a ocupar a partir de agora Carolina Castiñeiras Brandón, actual concelleira e candidata á alcaldía nas vindeiras eleccións municipais. Foi comunicado o cambio ao goberno municipal, para que sexa efectivo xa no pleno ordinario de xaneiro que se celebrará o último venres de mes. Deste xeito a persoa que será a candidata nas vindeiras eleccións pasará a ocupar xa a portavocía, substituíndo a Xoán M. Sande quen vén exercendo de portavoz do grupo desde o ano 2008.