A alcaldesa destacou a aposta polo turismo MICE na cidade, con 11 feiras e 25 congresos que atraeron á cidade a cerca de 200.000 visitantes o pasado ano 2022
Rey puxo en valor as novas conexións internacionais en Alvedro, a maior oferta de voos internacionais do aeroporto ata a data
A alcaldesa, Inés Rey, interviu esta tarde na Gala deEmbaixadores organizada pola Coruña Convention Bureau na que destacou o posicionamento da cidade como potencia nacional e internacional. A cerimonia, presentada por Doda Vázquez, presidenta da Asociación de Prensa da Coruña, contou coas
intervencións de José Blanco, Presidente da Coruña Convention Bureau así como coa da Alcaldesa, Inés Rey. Tras as intervencións levouse a cabo a entrega dos Premios Embaixadores A Coruña MICE aos galardoados. Maria Jesús Diaz Candamio e Rafael Arriaza Loureda foron galardoados co premio Embaixador Mice na categoría de evento nacional. Manuel Meijide, co Premio Embaixador A Coruña MICE na categoría de evento internacional e Ignacio Rivera Quintana, co premio Premio Embaixador Honorífico A Coruña MICE, recollido por Antonio Viejo.
Inés Rey destacou na súa intervención a aposta realizada polo Goberno municipal para a desestacionalización do turismo orientando a estratexia cara o turismo MICE, especialmente no eido de congresos e grandes eventos culturais. “É importante que sigamos fortalecendo a nosa estratexia de turismo MICE, que este ano puxemos en valor máis que nunca coa co desenvolvemento de 11 feiras, que atraeron á cidade a 158.325 participantes, e máis de 64 eventos o pasado ano 2022”. Ao longo dese ano celebráronse na cidade 25 congresos MICE con case 9.000 asistentes. Ademais, a rexedora sinalou que este ano Alvedro contará coa maior oferta de conexións internacionais. “Milán e Xenebra súmanse neste mes de marzo ás xa existentes, Londres e París, ofertando o maior número de voos internacionais que se conseguiron ata a data e ampliaranse pronto con Ámsterdam. Un feito que marcará un fito para o noso posicionamiento como destino turístico internacional” explicou.
Entre os fitos máis relevantes deste ano, lembrou a recuperación económica do sector despois da pandemia tras a programación dos festivais Noroeste e Morriña Fest así como as Noites de María Pita, que supuxeron un incremento no sector hostaleiro e unha ocupación hoteleira de máis do 95 % durante os meses de verán. Tamén destacou a capacidade da cidade para albergar grandes eventos coma o I Encontro de Alcaldesas, o Fórum Gastronómico ou o congreso Ecosystems 2030, da que A Coruña será sede permanente. “Estes son só algúns exemplos de que a nosa cidade reforzou o seu liderado
desde o convencemento e a ambición de saber que A Coruña é a urbe mellor preparada para albergar os mellores eventos e congresos, e para ser sede de todo aquilo que se propoña. Demostrámolo sobradamente en 2022”, sinalou Inés Rey.
A rexedora aproveitou para referirse a tres momentos clave: o Día da Policía Nacional, a recepción do cumio hispano-alemán e a consecución da AESIA. “Por iso, quero aproveitar esta segunda Noite de Embaixadores para felicitarvos polo conseguido. Pero tamén, para non conformarnos. Son varios os retos que temos por diante neste 2023 e para seguir avanzando no noso obxectivo de devolver todo o seu esplendor á Coruña. O máis relevante é consolidar a nosa proxección a nivel internacional”, sinalou.
Sobre os retos do 2023, a alcaldesa centrouse na programación cultural que xa comezou coa exposición de Meisel, desenvolta pola Fundación Marta Ortega así coma o regreso das The Tall Ships Races Magallanes-Elcano ou o Festival Womex 2023, a maior feira de músicas de raíz. “Mais tamén a conmemoración do 50 aniversario da morte de Picasso co que A Coruña recupera o seu espazo como cidade picassiana con máis de 30 actividades, mostras e exposicións que atraerán visitantes nacionais e internacionales”, concluíu.