Friday 22 de November de 2024

Inícianse os traballos para a pavimentación da vía e delimitación dunha senda de Rociñas a Carrofeito, en Camelle


● Esta actuación, que conta cun orzamento de preto de 50.000 euros, está financiada a través do Plan Único da Deputación da Coruña.

● Nesta primeira fase pavimentarase o firme con aglomerado asfáltico e sinalizarase a senda con resaltos e pintura branca.

O Concello de Camariñas deu comezo aos traballos para a pavimentación da vía e a delimitación dunha senda de Rociñas a Carrofeito, na parroquia de Camelle. Unha actuación que conta cun orzamento de 48.399,84 euros e que está financiada a través do Plan Único da Deputación da Coruña.

A primeira fase desta obra consiste na limpeza das beiravías, o pavimentado do firme con aglomerado asfáltico ea posterior sinalización da vía, usando resaltos e pintura branca para delimitar, coa maior claridade posible, a senda peonil, mellorando así a seguridade viaria na zona.