A alcaldesa, Inés Rey, presidirá este acto, que terá lugar no centro Ágora
O circuíto de carreiras populares recuperou no 2022 as súas cifras previas á pandemia, con más de 12.000 persoas inscritas
O Concello da Coruña presentará o próximo xoves 26 de xaneiro a gala do circuíto de carreiras populares Coruña Corre, que servirá como peche da edición do 2022. Este circuíto recuperou o pasado ano as súas cifras previas á pandemia, con más de 12.000 persoas inscritas, o mellor dato das últimas sete edicións.
A gala, que se levará a cabo no centro Ágora, comezará ás 20.00 horas e estará presidida pola alcaldesa, Inés Rey. Conducirá o acto o animador habitual das carreiras, Xalo Maira.
Entregaranse diferentes recoñecementos da edición do 2022 e anunciaranse algunhas das novidades introducidas para este 2023.
Durante o 2022 foron sete as probas do circuíto Coruña Corre: a carreira popular de Matogrande, a carreira popular Torre de Hércules #ImportaEMoito, a baixada Popular Cross San Pedro de Visma, a carreira popular Os Rosales, a carreira popular Volta a Oza, a carreira popular do Ventorrillo e a carreira popular Novo Mesoiro. Ademais, o Concello colaborou co Complexo Hospitalario Universitario da Coruña na organización dunha carreira para conmemorar o 50 aniversario do CHUAC, entre Eirís e o Parrote.