A unidade móbil de Coidados porta a porta estará na praza do Emigrante da Pobra do Caramiñal nos días 22, 23 e 24 de febreiro, en horario de 09.00 a 20.00 horas.
Lévanse así coidados asistenciais ás persoas maiores para a prevención da dependencia. Os servizos que se prestan son de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria.
Para máis información e cita previa habilítanse os teléfonos de contacto 622748283, 623546992 e o enderezo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.