Saturday 16 de November de 2024

O Concello de Boqueixón convoca unha segunda edición do curso de manexo do móbil


O Departamento de Cultura do Concello de Boqueixón organiza unha segunda edición do curso “Manexo do Móbil” que, ao igual co celebrado no derradeiro trimestre do ano, terá lugar en Lestedo todos os martes entre febreiro e maio, en horario de 17:30 a 19:00 horas. Unha formación para a que non é necesario ningún tipo de coñecemento previo e cuxo prezo será de 15 euros ao mes.

Así mesmo, o Concello de Boqueixón informa de que aínda quedan prazas libres no obradoiro de “Novas Tecnoloxías”, que vén de arrincar o semestre este mes de xaneiro. Haberá tres grupos diferentes: dous para alumnado sen coñecementos previos e outro para persoas que xa coñecen a materia. Os prezos e os horarios mantéñense con respecto ao ano pasado:

– Nivel I: martes de 15:30 a 17:00 no Forte. Sen coñecementos previos. 15€/mes.
– Nivel I: venres de 10:00h a 11:30h en Lestedo. Sen coñecementos previos. 15€/mes.
– Nivel II: xoves de 10:00h a 12:00 en O Forte. Con coñecementos previos. 20€/mes.

As inscricións pódense realizar no rexistro municipal ou a través da sede electrónica, se ben o seu número é limitado. Para máis información chamar ao 981 513 115.