Alternativa esixirá na xunta de voceiros explicacións dos impagos e condicións precarias que está a denunciar o persoal do servizo e persoas usuarias.
Dende que se iniciou o servizo coa nova empresa, Alternativa está a pedir unha avaliación constante do servizo. A última vez, fai escaso un mes, en comisións informativas, pero a concelleira responsable eludiu o asunto, sen aportar información real concreta.
O Goberno municipal vendeu a entrada da nova empresa adxudicataria como a solución ás queixas das persoas usuarias polo mal funcionamento do servizo. Seis meses máis tarde estase a incumprir o establecido coas persoas usuarias e co persoal. Motivo polo cal esixiremos que se informe da situación real e as medidas serán tomadas desde o Concello.
“Non se pode permitir esta mala xestión por parte da empresa concesionaria nun servizo tan esencial e que afecta a tanta veciñanza” afirma Raúl Varela, voceiro do grupo.