Inauguración da exposición “Expresións”, da pintora ferrolá Rebeca Alonso. O acto contou coa asistencia do alcalde de Fene, Juventino Trigo, e do concelleiro de Cultura, Justo Ardá.
Rebeca Alonso é unha artista autodidacta, amante do realismo e, sobre todo, do estilo pop art. Moi enfocada no mundo do retrato, a pintora adoita incluír nas súas obras certos elementos da banda deseñada, ademais de sombras exaxeradas e marcadas.
“Expresións” permanecerá en Fene ata o día 30. Poderá visitarse de luns a venres de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas, e os sábados de 10:00 a 13:00 horas.