· A protagonista, que reside en Alemaña, fala da súa traxectoria e da investigación que leva a cabo sobre a rexeneración das neuronas.
· Con esta entrevista remata a primeira temporada deste programa, da que se poden ver todas as entrevistas na web www.eusoncamarinas.es.
O Concello de Camariñas publicou a novena entrega do programa ‘Eu Son Camariñas’ que lle dá voz a Sol María Pose Méndez, unha porteña que estudou bioloxía na USC e que actualmente traballa como científica na Universidade Técnica de Braunschweig.
Con esta entrevista remata a primeira temporada de ‘Eu son Camariñas’, un proxecto municipal creado para dar visibilidade a diversos camariñáns que destacan no seu ámbito profesional, académico, deportivo, artístico ou social. Todas as conversas cos camariñáns senlleiros poden verse na páxina web www.eusoncamarinas.es.
Nesta ocasión a protagonista e Sol María Pose Méndez, unha científica que naceu na Ponte do Porto pero que, por motivos laborais, actualmente reside en Alemaña. Alí investiga sobre as neuronas e a posibilidade de conseguir que estas se rexeneren, algo que a día de hoxe é imposible nos humanos pero si o é noutros animais como os peixes.
Estou bioloxía na USC e realizou un Mestrado nese mesmo campus santiagués. Foi entón cando comezou a súa investigación en torno as neuronas e esa capacidade de rexeneración que posen os peixes. O longo deste capítulo do ‘Eu Son Camariñas’ explicaranos a importancia das neuronas e o seu funcionamento, como se estuda e que se sabe desa habilidade de rexeneración e que beneficios podería ter nun futuro para os seres humanos. Ademais, mentres visita lugares emblemáticos da vila porteña como é o posiño, Sol Pose narra o seu camiño até chegar a Alemaña.
Pode verse o vídeo completo da entrevista en https://eusoncamarinas.es/entrevistas-esc/sol-maria-pose-mendez-cientifica-da-ponte-do-porto/