Friday 22 de November de 2024

O Concello de San Sadurniño restrinxe desde o luns 9 o acceso á contorna do castelo de Naraío por mor do comezo das obras de reparación da presa


Onte mércores iniciáronse as obras de reparación da presa do Castelo. Os labores están centrándose, en primeiro lugar, no afirmado da zona, onde posteriormente se instalará un guindastre autopropulsado para mover todos os materiais necesarios.

Esta primeira parte da obra reviste certa complexidade por causa da inestabilidade do terreo e o escaso espazo dispoñible no tramo de ribeira máis próximo á presa. Por esta razón estase empedrando o acceso e, ademais, a empresa contratada por Hidroeléctrica Río Castro terá que construír unha escolleira provisional dentro do propio encoro, de cara a ampliar a superficie que precisa o guindastre para estender os brazos de apoio.

Debido a que nos próximos días vai haber movementos constantes de maquinaria pesada na contorna do castelo, o Concello e a empresa que está executando os traballos acordaron restrinxir o acceso á zona por motivos de seguridade e operativos