Melchor, Gaspar e Baltasar terán esta noite a dura tarefa de repartir xoguetes a todos os pequenos e maiores do Concello de Touro
Os máis pequenos de Touro recibiron un ano máis ás Suas Maxestades os Reis de Oriente, que esta tarde chegaron ao Concello de Touro. Os tres Reis Magos repartiron agasallos e ilusión entre todos os máis pequenos e tamén os maiores. Durante a mañán percorreron na súa carroza as parroquias de Touro. Todos os nenos e nenas recibiron ás Suas Maxestades. Xa a primeira hora da tarde Melchor, Gastar e Baltasar chegaron ao Pavillón Municipal de Deportes, onde estaba instalado o Belén Vivinte. Nos dous últimos anos, a causa das restriccións da pandemia da Covid 19, a cativada de Touro non poidera recibirá aos Reis Magos no Pavillón. Pero neste inicio de 2023 recuperouse unha tradición e os máis novos e os maiores disfrutaron dunha tarde máxica de Reis en Touro. As bancadas do Pavillón Municipal de Deportes de Touro estaban cheas para recibir as Súas Maxestades. A Banda de Música Isabel II de Touro tamén participou no festival de Reis coa súa música e tamén o grupo de música tradicional A Pinguela de Bama. Tamén houbo números de maxia.
O Belén Vivinte, como xa é tradicional, contou coa participación activa dos nenos e nenas de Touro. Tivo todos os detalles: Portal de Belén co Neno Xesús, María e San Xosé; o río e a súa ponte, o castelo de Herodes, o deserto, os pastores, as ovellas, os postos do mercado, os panadeiros, a pousada… A primeira hora da tarde comenzou a animación en Touro. As Súas Maxestades chegaron recibidos por foguetes pasadas as cinco da tarde ao Belén Viviente, onde visitaron ao Neno Xesús, á Virxe María e máis a San Xosé, tamén estaban os anxiños e os pastores. Fixéronlles os Reis Magos unha ofrenda e logo situáronse nos seus tronos para escoitar a homenaxe da Banda de Música Isabel II de Touro, que interpretou varios temas. Tamén tocaron os compoñentes do grupo A Pinguela de Bama
Os nenos e nenas de Touro foron pasando un a un a saudar a Melchor, Gaspar e Baltasar. Éstos fixéronlles entrega dun agasallo e tamén aproveitaron a ocasión para recoller as cartas de última hora que ainda non lles mandaran. Despois houbo chocolate para todos, para grandes e pequenos. A última hora da tarde os Reis Magos retiráronse, xa que esta noite teñen a dura tarefa de repartir agasallos a nenos e tamén a os maiores do Concello de Touro.