Sunday 22 de December de 2024

Máis de 900 persoas inscritas na Recepción e Festival de Reis do Concello de Lousame


Melchor, Gaspar e Baltasar recibiron a máis de 300 persoas esta mañá

Máis de trescentas persoas acudiron esta mañá á recepción de Reis organizada polo Concello de Lousame. Entre as 10:30 e as 13:00 horas, cativada e persoas adultas pasaron pola Casa da Cultura para falar un anaco con Melchor, Gaspar e Baltasar. Un escenario adornado para a ocasión con moitas luces e motivos navideños.

Ademais de contarlles os seus desexos para esta noite, os máis rezagados mesmo podían encher as súas cartas no exterior do auditorio, que deixaban nuns cestos ao pe de cada Rei Mago. Mentres papás e mamás non deixaban de tirar fotografías dos pequenos co seu Rei Mago favorito, os pequenos desfrutaban das lambonadas que lles acababan de agasallar.

Para o sábado 7 de xaneiro, de 17:00 a 20:00 horas, o Concello de Lousame ten preparada un
Festival de Reis no polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra (A Silva), despois de dous anos sen celebrarse por mor das restricións da pandemia sanitaria. Unha festa infantil con xogos, inchables, obradoiros… e un chocolate con churros para todas as persoas participantes. Un festival para o que xa están pechadas as inscricións e no que están anotadas un total de 600 persoas.

Deste xeito, as actividades de Reis organizadas polo Departamento de Cultura de Lousame reunirán estes días a máis de novecentas persoas.