Saturday 16 de November de 2024

Cabanas organiza un obradoiro de fotografía co foco posto nas emocións


A actividade divídese en dúas sesións, que decorrerán os sábados 14 e 21 de xaneiro.

A área de igualdade do Concello de Cabanas vén de anunciar o obradoiro fotográfico “Retratos e emocións”, que ten por obxectivo achegarse á fotografía cunha perspectiva feminista e co foco posto nas emocións como elementos comunicativos.

O obradoiro dividirase en dúas sesións que terán lugar os sábados 14 e 21 de xaneiro, en horario de 11.30 a 13h, e terán lugar no Apeadoiro do Areal e os seus arredores. Neles, as participantes aprenderán sobre a luz, a composición e diferentes tipos de retratos para transmitir as ideas e mensaxes.

Para tomar parte destes obradoiros non se precisa de experiencia previa, xa que a formación estará adaptada aos diferentes graos de coñecemento. As participantes poderán empregar as súas propias cámaras dixitais – se dispoñen delas – ou a cámara do teléfono móbil.

Para participar faise necesario realizar inscrición previa enviando os datos de contacto ao correo igualdade@cabanas.gal ou chamando ao teléfono 649 075 263.