Thursday 21 de November de 2024

San Sadurniño sortea os premios de “Engalana o teu concello” e “No Nadal, consumo local”


Entregaranse o próximo sábado ás 12:00h na Casa da Cultura

O salón de plenos do Concello foi escenario esta mañá do sorteo de lotes de produtos e vales canxeables no comercio e na hostalaría local dos dous certames convocados polas áreas de Cultura e Desenvolvemento local durante este mes de decembro. Pouco despois das 12:00h, sacáronse as 17 papeletas correspondentes a “Engalana o teu concello” -organizado para promover a decoración de vivendas, espazos públicos e negocios- e tamén as da campaña de dinamización comercial “No Nadal, consumo local”, que distribuíu talonarios cun total de 13.300 rifas entre os 22 establecementos participantes. Neste último caso os premios son tres lotes de produtos valorados en 70 euros e outros tres valorados en 140. Todas as persoas premiadas xa están avisadas para a entrega, que terá lugar na Casa da Cultura o sábado ás 12:00h.

En total o Concello destinou ás dúas campañas algo máis de 1.700 euros en premios, tendo en conta que no apartado de decoración de espazos públicos de “Engalana o teu concello” só houbo catro propostas participantes e que, polo tanto, non se completaron os 6 galardóns que había previstos.

Neste certame que propoñía adobiar todo San Sadurniño recibíronse 25 solicitudes de participación, as 4 da categoría colectiva, 5 na de decoración de escaparates de establecementos e 16 na referida ao lucimento de vivendas particulares. En todas elas era requisito imprescindible enviar fotografías das decoracións que logo foron publicadas nunha galería en Facebook.

Por outra banda, na campaña “No Nadal, consumo local” o Concello convocou a 38 negocios de San Sadurniño dos cales 22 foron os que finalmente se sumaron á iniciativa de promoción. Entregáronselles talonarios con 13.300 rifas, 6.200 para entregar por cada compra de ata 10 euros e 7.100 para pagamentos superiores a esa cantidade.

As papeletas cubertas cos datos da clientela depositáronse esta mañá nunha urna e foi a secretaria accidental do Concello, Eiravedra Filgueira, quen se encargou de extraer as ganadoras dos 6 lotes de produto que se sorteaban: 3 valorados en 70€ entre as papeletas azuis das compras ou consumicións inferiores a 10 euros e outros 3 entre as rifas de cor rosa que se entregaban por gastos maiores.

Tralos dous sorteos, o departamento de Cultura contactou con todas as persoas premiadas nos dous certames para citalas á entrega dos premios, prevista para as 12:00h deste sábado na Casa da Cultura.

Sorteo “Engalana o teu concello”

Individual (12 vales de 50€/c.u. canxeables en establecementos locais):

David Dopico Romero
Loli Orjales Riola
Mercedes Hermida
Manuel García Beceiro
María Fonticoba Bellón
Susana Mariño Villadóniga
Verónica Fereirós González
Mª del Mar López Vellón
Patricia Calvo Hermida
Eva Torrente Soto
Rosa Romero Carballo
Pura Soto Buyo
Decoracións colectivas (4 vales de 100€/c.u. para xantares ou ceas na hostalaría local):

Familia Fernández – Marquesiña de Pontellas (Ferreira)
Familia Calvo Hermida – Área de descanso da Pena da Meda (Igrexafeita)
Familia Domínguez Suárez – Campo da Feira (San Sadurniño)
Asociación Xuntanza de Lamas – Local social
Decoración establecementos comerciais (1 vale 80€ para xantar/cear na hostalaría local):

Supermercado Outeiro
Sorteo “No Nadal, consumo local”

3 Lotes de produtos valorados en 140€:

Benxamín López Pita (Naraío)
José Antonio Yáñez Muíño (Doso)
José Antonio Vilariño Lombao (Naraío)
3 Lotes de produtos valorados en 70€:

Máximo Dopico Pita (Naraío)
Fidel Blanco García (Ferreira)
Gerardo García Fonticoba (San Sadurniño)