O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou esta mañá a entidade Antonio Noche, que traballa a favor das persoas en risco para a súa transición ao emprego, a alfabetización e a formación dixital para achegarlle ferramentas para incorporarse ao mercado laboral.
Arturo Parrado aproveitou a ocasión para manter un encontro de traballo con representantes da entidade. Neste senso coñeceu os programas que a asociación quere poñer en marcha no 2023 no eido da sensibilización e na erradicación da discriminación.