Saturday 16 de November de 2024

Imaxes de dron dos danos na presa da minicentral do río Castro, en Naraío


Imaxes aéreas dos desprendementos que se produciron na presa da minicentral hidroeléctrica do Castelo, en Naraío, debido ás intensas chuvias da última semana de decembro.

A precariedade do contraforte obrigou a desaloxar tres vivendas mentres non se asegure a estrutura. Tamén se prohibiu o acceso á fervenza do Castro e recoméndase non transitar polo sendeiro situado á beira do cauce augas abaixo, debido ao perigo de derrubamento que podería provocar crecidas súpetas do nivel do río.

A ausencia de chuvia nos dous últimos días e a apertura do aliviadoiro da canle fixeron descender o nivel da auga na presa, permitindo ver con máis detalle o alcance dos danos, que parecen maiores do que semellaba inicialmente.

As fotos son deste mediodía. Vai tamén enlace ao vídeo en youtube (tamén dispoñible en FB a partir das 21:30h) https://www.youtube.com/watch?v=UroOLdlyDOk