Friday 22 de November de 2024

Degustación de produtos da ría, xogos populares e concerto de tango, na xornada do sábado en Santa Uxía de Riveira


Este sábado día 17 de outubro a actividade lúdica promovida polo Concello traerá a Riveira atractivas tan actividades como unha degustación de produtos da ría, celebración de xogos populares e un concerto gratuíto de tango a cargo da artista Marisa Holman.

As dúas primeiras actividades citadas terán o seu foco no edificio do novo mercado municipal O Grupo de Acción Costeira 5 Ría de Arousa realizará unha iniciativa de promoción gastronómica e cultural denominada “Feira tradicional dos produtos do mar na Ría de Arousa” que servirá para poñer en valor e fomentar o consumo de produtos do mar locais, presentes nas festas gastronómicas do noso contorno, a través da elaboración de distintas receitas tradicionais (hai prazas limitadas: 50).

Ademais, á mesma hora os máis cativos terán oportunidade de participar en distintos xogos populares, unha acción que se estenderá pola mañá ata as 14.30 horas e pola tarde de 17 a 19 horas.

Xa a partir das 21.30 horas no Auditorio Municipal celebrarase o concerto da prestixiosa artista Marisa Holman: unha extraordinaria vocalista nacida en Punta Alta en 1970 e que de seguro nos deleitará con temas tan coñecidos do cancioneiro arxentino como Pasional ou Malevaje (pódense ver e escoitar neste vídeo de youtube: https://www.youtube.com/watch?v=sPT9KyP6OI8)

A entrada é gratuíta, podéndose recoller a partir de media hora antes do inicio da función.