No certame repártense en total 1.800 euros entre todos os participantes.
A 27ª edición do concurso de escaparates de Nadal convocado polo Concello da Laracha xa ten gañadores.
Do mesmo xeito que nos tres últimos anos, nesta edición houbo dúas modalidades do concurso: a tradicional cos galardóns outorgados polo xurado e tamén o realizado na páxina de Facebook do Concello da Laracha.
Así, os galardoados en base ás valoracións do xurado foron:
• 1º premio (500 euros): Agrícola Castiñeira (Avenida Doutor López Astray, 74. A Laracha).
• 2º premio (400 euros): Cultiagro (Avenida Fisterra, 101. A Laracha).
• 3º premio (300 euros): Florería Lilos (Rúa Santa Lucía, 65. A Laracha).
• 4º premio (200 euros): Electrodomésticos Erve (Rúa da Coruña, 8. A Laracha).
• 5º premio (100 euros): Moda infantil Los mimos de Nina (Rúa Santa Lucía, 16. A Laracha).
No concurso de Facebook –que se abriu na tarde do 27 de decembro e pechouse hoxe ás 12:00 horas- houbo 4.670 interaccións de usuarios e 2.628 votos no álbum coas fotos de todos os participantes. As tres que obtiveron un maior número de votos positivos e, por tanto, resultaron premiadas son:
• 1º premio (150 euros): Moda infantil Los mimos de Nina (Rúa Santa Lucía, 16. A Laracha)., con 493 votos.
• 2º premio (100 euros): Panadería Suso (Rúa dos Oleiros, 2. Paiosaco), con 443 votos.
• 3º premio (50 euros): Cultiagro (Avenida Fisterra, 101. A Laracha), con 294 votos.
Como cada ano o Concello da Laracha convocou este concurso cos obxectivos de apoiar economicamente e estimular ás empresas e comerciantes do municipio para decorar os escaparates con motivos propios das datas do Nadal e que iso tamén sexa un aliciente para que os cidadáns aposten polo comercio local para facer as súas compras durante as festas. Nesta 27ª edición do certame repártense un total de 1.800 euros en premios entre todos os establecementos galardoados.