O Concello de Oleiros, xunto con outros 16 municipios galegos, está a desenvolver o proxecto Apego, un programa desenvolvido para promover o uso da lingua entre as familias con nenas e nenos de 0 a 6 anos mediante a organización de numerosos espectáculos, concertos, contacontos…
Aquelas familias que queiran sumarse poden informarse no Servizo de Normalización Lingüística sito na Fábrica ou a través do correo lingua@oleiros.org.