Friday 22 de November de 2024

A Xunta destina 60.000 á Fundación Indaga para poñer en marcha un programa de asesoramento a familias de presoas con TDAH


A iniciativa ten como finalidade as persoas con este trastorno poidan desenvolver adecuadamente as súas habilidades de aprendizaxe e socialización, así como superar situacións de necesidade e risco social

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou esta mañá á Fundación Ingada á que a Xunta de Galicia colabora cunha achega de 60.000 euros para desenvolver un programa de asesoramento ás familias de persoas con trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH). O proxecto ten por obxectivo permitir o desenvolvemento axeitado das súas funcións educativas, sociais e tamén superar situacións de necesidade e risco.

Jacobo Rey tivo a oportunidade de reunirse coa dirección da asociación e coñecer as actuacións que se enmarcan dentro do programan e que redundan na orientación das familias para xestionar situacións de crise, a elaboración de pautas de actuación e programas de apoio ás mesmas, así como a derivación de recursos a aqueles casos de persoas con trastornos asociados.

Alí, o director xeral subliñou que este servizo é proporcionado por un equipo multidisciplinar integrado por profesionais voluntarios da Fundación, formados na rama sociosanitaria e educativa da psicoloxía, educación social, medicina, terapia ocupacional, orientación e pedagoxía.

Fundación Ingada
A Fundación Ingada xorde en 2014 co obxectivo de dar asistencia en Galicia a persoas afectadas por TDAH e trastornos asociados e ás súas familias. Así, a colaboración entre a entidade e a Xunta de Galicia certifica o compromiso da Administración autonómica con esta organización e coa importante tarefa que están a desenvolver para os seus usuarios, as súas familias e tamén para toda a sociedade.