Saturday 16 de November de 2024

Máis de 250 menores participaron nas actividades do proxecto de dinamización “Casa Aberta” nas instalacións da Casa da Mocidade


Un total de 256 persoas participaron o pasado ano no proxecto de dinamización da Casa da Mocidade “Casa Aberta”. Menores de 12 a 16 anos implicáronse nesta iniciativa de socialización en torno ao xogo que deu comezo o 18 de novembro e rematou o 29 de decembro, os venres e sábados en horario de tarde.
Obradoiros de debuxo, pintura, impresión 3D, reciclaxe textil, danza urbana, escape room, videofórum, tenis de mesa, zonas de xogos de mesa e de lectura xuvenil, futbolín e diana comunitaria foron algunhas das propostas que se levaron a cabo durante este programa, impulsado a través da Concellería de Mocidade, que dirixe o edil Pablo Mauriz.

“Dende o Concello tratamos de dar resposta ás demandas que nos plantexou o colectivo de rapazas e rapaces en espazos de participación e tamén de poñer en marcha unha oferta de ocio específica para eles co fin de fomentar a adquisición de habelencias, recursos persoais, fomentar as relacións entre iguais…”, explicou Mauriz. O edil naronés asegurou que “estamos moi satisfeitos coa boa acollida deste proxecto de dinamización municipal que se levou a cabo na Casa da Mocidade, un espazo pensado para as rapazas e rapaces de Narón e que ofrece moitas outras propostas ao longo do ano”.