O Concello das Somozas programa a ‘Tarde de Reis’ para as cativas e cativos do municipio, nun dos días máis especiais para eles e elas. Así, o Centro Cívico acollerá desde as 17:00 horas a recepción, onde Melchor, Gaspar e Baltasar atenderán as súas peticións.
Anteriormente, a caravana real fará o seu percorrido habitual polas rúas da vila. Haberá chocolate e roscón gratis. Colabora a Asociación O Santiaguiño.