Friday 22 de November de 2024

“Expresiones”, de Rebeca Alonso, abre o calendario expositivo da Casa da Cultura de Fene en 2023


Este martes 3 de xaneiro abre ao público a primeira exposición do novo ano na Casa da Cultura de Fene. Trátase de “Expresiones”, mostra de retratos estilo pop art da pintora ferrolá Rebeca Alonso. A exposición inaugurarase hoxe luns 9 de xaneiro ás 20:00h e poderá visitarse até finais de mes.

Rebeca Alonso é unha artista autodidacta, amante do realismo e, sobre todo, do estilo pop art. Moi enfocada no mundo do retrato, a pintora adoita incluír nas súas obras certos elementos da banda deseñada, ademais de sombras exaxeradas e marcadas.

“Expresiones” permanecerá en Fene ata o día 30. Poderá visitarse durante esta semana de 10:00 a 14:15 horas, debido ao horario reducido da sala de exposicións da Casa da Cultura-Museo do Humor Xaquín Marín.

A partir do luns 9 o centro recupera os seus horarios de apertura habituais: de luns a venres de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas, e os sábados de 10:00 a 13:00 horas.