Friday 22 de November de 2024

O dispositivo especial de fin de ano remata con dúas alcoholemias positivas, tres intervencións por embriaguez e 11 propostas de sanción


O Concello da Coruña, a través da súa Concellaría de Seguridade Cidadá, levou a cabo un dispositivo especial na noite de fin de ano que estivo dirixido polos corpos de seguridade da Policía Local e dos Bombeiros.

Durante a noite fixéronse controis de alcoholemia, co resultado de dúas probas positivas coas correspondentes sanciones. Levouse a cabo un control de locais de ocio nocturno e terrazas con presenza de axentes na contorna da praza de San Nicolás, praza de Vigo, praza de María Auxiliadora, rúa Socorro, Cormelana e arredores do complexo de ocio do Porto.

Houbo unha colaboración co 061 e atendéronse tres chamadas por embriaguez en diferentes puntos da cidade. A Policía Local coordinouse coa Policía Nacional para garantir a seguridade cidadá durante a pasada noite. Neste sentido, houbo un detido pola queima de diferentes colectores do lixo na cidade. Ademais, tramitáronse dúas actas por orinar na rúa, outras catro por faltas non graves e houbo cinco denuncias a vehículos.