O alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, clausurou esta mañá o Campus de Nadal do Club Scuadra Boqueixón Rítmica, que se desenvolveu do 26 ao 30 de decembro nas instalacións do ximnasio municipal do Forte, en horario de 10:00 a 14:00 horas. Cinco días no que un total de catorce nenas puideron desfrutar non so dos adestramentos de ximnasia rítmica senón de diferentes actividades complementarias como ballet, zumba, expresión corporal, flexibilidade, acrobacias, manualidades, obradoiros de maquillaxe…
Uns días nos que as cativas tiveron a oportunidade de compartir un espazo educativo canda outras nenas da súa idade, así como recibir visitas especiais por parte de Ángel Outeiral, profesor de xumba e monitor nas escolas deportivas do Concello de Boqueixón, así como de recoñecidas ximnastas.
Manuel Fernández Munín valorou moi positivamente este tipo de iniciativas de conciliación para o Nadal e puxo en valor a creación dunha Escola de Ximnasia Rítmica dentro da oferta das actividades deportivas municipais desta temporada. Así mesmo, agradeceu ao Club Squadra Boqueixón Rítmica a súa implicación no fomento desta modalidade deportiva no municipio.