Friday 22 de November de 2024

Adxyducadis dous proxectos de mellora da rede viaria que afectan ás parroquias de Lendo e Montemaior


Suman un investimento conxunto de 125.00 euros.
A Xunta de Goberno Local acordou hoxe adxudicar a Construcciones J. Mauri e Hijos S.L. os contratos de execución de dous proxectos de mellora da rede viaria que suman un importe total de 125.000 euros. Fíxose despois de que a Mesa de Contratación clasificase recentemente as catorce ofertas -sete por proxecto- que se presentaron durante a licitación.

O que afecta á parroquia de Lendo está valorado en preto de 70.000 euros. Contempla intervencións de mellora da superficie de rodadura en O Canle, Samiráns e O Cruceiro Novo. Neste último lugar tamén se colocará un pavimento diferenciado con adoquín de granito no perímetro do cruceiro para aumentar a súa protección, así como a canalización da rede de recollida de pluviais e a instalación dunha bionda de seguridade.

En Montemaior o proxecto, valorado en máis de 55.000 euros, contempla dúas intervencións diferenciadas. A de maior entidade afecta a O Raño, onde tamén será reforzada a seguridade viaria coa instalación dunha bionda debido ao desnivel existente cos terreos adxacentes. A outra actuación será na estrada que comunica A Baiuca con A Pena.

Unha vez completado o procedemento de contratación, prevese que as obras comecen a executarse nos próximos días.