O vindeiro xoves 5 de xaneiro os Reis Magos percorrerán as principais rúas de todas as parroquias para saudar aos nenos e nenas de Oleiros. A comitiva real será recibida oficialmente na Casa do Concello, estando previsto que ás 16:30 horas Melchor, Gaspar e Baltasar saúden desde o balcón principal do consistorio a todos os nenos e nenas que se acheguen ata a praza de Galicia. Posteriormente iniciarán o seu itinerario por todas as parroquias do municipio.
Os horarios aproximados de paso dos Reis Magos son os seguintes, aínda que poderían sufrir variacións en función do tráfico:
▪16:30 H – Recepción oficial na Casa do Concello e saúdo desde o balcón do consistorio
▪16:45 H – Avenida Francisca Herrera
▪16:50 H – Avenida Isaac Díaz Pardo, urbanización Os Regos
▪17:00 H – Avenida Rosalía de Castro, Casa do Pobo de Montrove
▪17:10 H – Rúa das Garridas
▪17:20 H – N-VI, Avenida das Mariñas (Agramar-Beiramar)
▪17:25 H – Urbanización O Seixo
▪17:40 H – Urbanización Mesón da Auga, rúa Anido
▪17:55 H – Avenida Salvador Allende, Casa do Pobo de Nós
▪18:05 H – Avenida Espoz y Mina
▪18:10 H – Rúa da Vila, Casa do Pobo de Iñás
▪18:15 H – Rúa Fonte do Ouro, urbanización Arenaza
▪18:30 H – O Couto, Rúa do Golfiño
▪18:40 H – Avenida Giménez Herrero, Casa do Pobo de Dexo
▪18:50 H – Rúa Doutor Fleming
▪19:00 H – Paseo de Mera
▪19:05 H – Avenida María Pita
▪19:10 H – Avenida República Arxentina, Breixo
▪19:15 H – Urbanización Rialta, parque Nicolás Redondo
▪19:25 H – Rúa Viñas de Babilonia
▪19:35 H – Avenida Concepción Arenal
▪19:40 H – Avenida Che Guevara
▪19:50 H – Rúa Darwin
▪20:00 H – Avenida Santa Cristina
▪20:10 H – Rúa Miradoiro
▪20:15 H – Avenida da II República
*O autobús non circulará pola rúa Corredoira das Viñas, en Perillo