Friday 22 de November de 2024

A CEMMA cede á Protección Civil da Laracha material para o rescate de mamíferos mariños


Esta ONG impartira en Caión en novembro un obradoiro sobre o rescate de tartarugas e cetáceos.

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) entregou hoxe á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Laracha unha padiola para a evacuación de cetáceos e carteis informativos sobre as candorcas ibéricas, especie mariña que habita no océano Atlántico.
O material foi achegado por María Becerra, voluntaria da citada ONG, que foi recibida no Concello polo alcalde, José Manuel López Varela, os edís José Ramón Martínez Barbeito e Pablo Cambón e voluntarios da Agrupación de Protección Civil da Laracha.
No pasado mes de novembro a CEMMA impartira na praia de Caión un obradoiro no que se levaron a cabo simulacros de rescate de tartarugas e de mamíferos mariños e no que participara tanto voluntarios de Protección Civil como veciños en xeral. Naquel momento recibiran formación relativa ao que se debe facer no caso de atopar un animal desas características no areal para ofrecerlle os primeiros auxilios e a asistencia oportuna para aumentar as súas posibilidades de supervivencia. Agora, coa dispoñibilidade do material cedido facilitarase a realización das intervencións oportunas ante unha situación desas características.