Friday 22 de November de 2024

O alcalde vulnera reiteradamente os dereitos fundamentais de participación política dos cidadáns


No seu afán perpetuo de obstaculizar o labor de control político que as leis outorgan aos concelleiros electos dos grupos da oposición, o alcalde veu evitando de forma sistemática a celebración das sesións plenarias esixida polo art. 46.2 LBRL, 78.1 do ROF, así como tamén polo art. 15 do propio Regulamento Orgánico e de Funcionamento do  Concello de Oleiros, que el mesmo aprobou.

Así, aínda que a normativa citada esixe a celebración de plenos ordinarios con carácter mensual, neste ano 2022, unicamente convocou seis plenos ordinarios, dos doce aos que se achaba obrigado, infrinxindo flagrantemente e vulnerando o dereito fundamental de participación política que a Constitución Española no seu artigo 23, outorga a todos os cidadáns, a través dos seus representantes electos.

Iso supón, ademais do habitual desprezo cara ás leis que non son da súa agrado, un duro ataque contra o principio constitucional sobre o que se asenta o noso sistema democrático mercé ao cal este alcalde mantense no poder desde fai xa máis de catro décadas, ao longo das cales foi continuamente socavando o sistema para evitar os controis, contrapesos e instrumentos de limitación de poder aos que deben someterse os nosos dirixentes nun auténtico estado democrático de dereito.

Trátase de actuacións que non podemos nin debemos tolerar, en salvagarda dos dereitos máis fundamentais dos nosos veciños aos que nos debemos, resultando cando menos grotesco que un alcalde que leva corenta anos xurando respectar e facer cumprir os principios e preceptos constitucionais os pervierta e vulnere constantemente co único fin de perpetuarse no poder e afianzar o seu goberno autocrático.