A calidade da auga da fonte de Canabal é excelente para o seu consumo. Así o indican os resultados de todas as analíticas que se realizan periodicamente nesta fonte e que arroxan uns parámetros microbiolóxicos óptimos.
“A auga da fonte de Canabal non ten ningún, ningún, ningún tipo de contaminación. É unha fonte da saúde que nós recuperamos e conservamos. É un espazo público fermosísimo cunha auga excelente”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.