· A alcaldesa, Sandra Insua, incide en que “este sector foi un dos máis castigados durante a pandemia, e para amosar o noso compromiso e apoio tomamos esta medida para dinamizar o tecido socioeconómico e produtivo da nosa localidade”.
O Concello de Camariñas, mediante un decreto de alcaldía, decidiu ampliar o horario de apertura dos establecementos de restauración, ocio e entretemento dúas horas máis do establecido durante os días 31 de decembro, e tamén o 1 e o 6 de xaneiro do vindeiro 2023.
Nestas datas, a restauración e o ocio xogan un papel fundamental para a revitalización da economía camariñana, así como a normalidade social perdida nos últimos anos.
Esta ampliación queda supeditada a que os titulares de ditos establecementos públicos (restaurantes, salóns de banquetes, cafetarías, bares, salas de festas, discotecas, pubs e cafés espectáculo) dispoñan da correspondente licencia municipal de aperrtura outorgada ou de Declaración Responsable para o inicio da actividade.
A alcaldesa, Sandra Insua, incide en que “este sector foi un dos máis castigados durante a pandemia, e para amosar o noso compromiso e apoio tomamos esta medida, favorecendo así a dinamización do tecido socioeconómico e produtivo da nosa localidade”.