Hoxe foi a quenda para os nenos de educación infantil e mañá e pasado, para os de primaria.
Hoxe comezaron a desenvolverse os obradoiros infantís de cupcakes e galletas de Nadal organizados polo Concello co dobre obxectivo de ofrecer unha actividade divertida e educativa para os nenos ao mesmo tempo que se facilita a conciliación da vida persoal e laboral dos seus pais durante as vacacións nos centros educativos.
Nesta primeira quenda asistiron 24 nenos de educación infantil, que por espazo de dúas horas estiveron nunha das aulas da Casa da Cultura para realizar as súas elaboracións seguindo as indicacións do persoal especializado que está a cargo da actividade.
Mañá e pasado, en horario de 11:00 a 13:00 horas, realizaranse outras dúas quendas, ambas dirixidas a nenos de educación primaria. En total serán máis de setenta os participantes nestes obradoiros, sendo a actividade gratuíta para os asistentes.