Saturday 16 de November de 2024

O Concello destina 103.000 euros para subvencionar os nenos e nenas que usan comedores escolares


O Concello de Oleiros dedica 103.000 euros a subvencionar a alimentación de 147 nenas e nenos durante o curso 2022-2023. Esta cantidade podería ampliarse no caso de incrementarse o número de familias en grave situación económica.

Precisamente no caso de 49 nenos e nenas de familias en serias dificultades, o Concello achega o 100% do gasto de comedor escolar. Para outros 98 nenos e nenas, concédense axudas de 700, 380 ou 260 euros segundo o seu nivel de renda e as cargas de cada unidade familiar.

O obxectivo non é outro que garantir a correcta alimentación de todos os nenos e nenas do municipio, así como facilitar a conciliación familiar.