• Vanse renovar un total de 1.060 puntos de luz, instalado novas luminarias de tecnoloxía LED
• A actuación está enmarcada no Feder de crecemento sostible
O Concello de Cerdido está a renovar a instalación lumínica do termo municipal para conseguir un maior aforro enerxético.
Vanse substituír un total de 1.060 puntos de luz, instalando novas luminarias de tecnoloxía LED. Ademais, realizarase unha optimización do subministro e renovaranse os cadros de mando, facilitando a eficiencia enerxética.
A instalación xa se cambiou nos lugares de Casaldaia, Noval, Cruz Novás, A Chaíña, Sosloureiros, Cabanas, Freis, Lamingueiro Novo, A Torre e Pena do Vico. Nas seguintes semanas comezarase cos lugares restantes.
Esta actuación enmárcase no plan Feder de crecemento sostible.
Segundo apunta o alcalde, Benigno Galego, “procedemos a renovar a instalación lumínica na totalidade do termo municipal coa a intención de adaptala aos tempos actuais e, do mesmo xeito, colocar tecnoloxía LED, que supón un notable aforro enerxético e económico”.