Susana López Abella inaugurou hoxe as Xornadas “A incorporación da perspectiva de xénero nas relacións laborais. Situación actual e de futuro”,que tiveron lugar no Mupega
A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella incidiu que unha das prioridades do goberno galego en materia de igualdade é o fomento dunha conciliación corresponsable, fundamental para acadar a plena incorporación da muller ao mercado laboral e a súa permanencia nel, sen que a situación familiar poda chegar a ser un elemento discriminatorio.
Susana López Abella inaugurou hoxe as Xornadas “A incorporación da perspectiva de xénero nas relacións laborais. Situación actual e de futuro”,que tiveron lugar no Mupega, onde destacou que segundo a análise dos principais datos socio-económicos de Galicia evidencian que persiste a desigualdade de mulleres e homes:
A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a Igualdade efectiva de mulleres e homes constitúe o marco normativo nacional para promover o principio de igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes e fai referencia ao carácter transversal que debe ter a incorporación da igualdade na totalidade das políticas públicas no conxunto do Estado. No ámbito autonómico, a Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a Igualdade de mulleres e homes recolle tamén este principio transversal da Igualdade de oportunidades.
López Abella explicou que dende a Secretaría Xeral da Igualdade considerase que malia os logros acadados ao longo destes anos, cómpre pór de manifesto que os indicadores de igualdade en relación co traballo doméstico e de coidados así como cos usos do tempo, seguen mostrando unha realidade asimétrica entre mulleres e homes.
Asemesmo, destacaou que os roles e estereotipos manexados socialmente durante séculos inciden aínda fortemente e a suposta maior capacidade das mulleres para atender as responsabilidades de carácter familiar continúa dificultando o seu acceso e permanencia no mercado laboral, debido, entre outras cuestións, a que son as que continúan acolléndose maioritariamente ás diferentes medidas postas en marcha desde as diferentes administracións públicas para promover políticas de conciliación da vida persoal, familiar e laboral. O desequilibrio na repartición dos tempos dedicados ás tarefas de reprodución e coidado é un aspecto prioritario que debe ser abordado á hora de reducir a discriminación por razóns de xénero no mercado laboral.
Este tipo de políticas deben considerarse como un elemento de investimento, xa que todas as actuacións que se desenvolvan neste ámbito constituirán un elemento creador de riqueza e cohesión social ao potenciar a existencia dunha sociedade máis participativa e integrada
Polo tanto é necesario impulsar medidas que favorezan a conciliación da vida persoal, familiar e laboral e a corresponsabilidade dos homes na atención das responsabilidades domésticas e familiares, polo que resulta imprescindible sensibilizar ao conxunto da cidadanía na interiorización de que a conciliación non é un “problema das mulleres” senón da sociedade na súa totalidade, e que tanto homes coma mulleres deben ser solidariamente responsables.