Saturday 16 de November de 2024

Apertura do prazo de inscrición nos cursos “Informática e internet avanzado” e “Comunicación e redes sociais” a través da plataforma Cemit


A concelleira de Formación, Natalia Hermida, anunciou que permanece aberto o prazo de inscrición na plataforma Cemit para os cursos “Informática e internet avanzado” e “Comunicación e redes sociais”. A edil naronesa explicou que se ofertan un total de 12 prazas para cada unha destas accións formativas, que se impartirán do 9 de xaneiro ao 17 de febreiro na Aula Cemit de Xuvia, recoñecida como Aula de referencia pola Xunta de Galicia. A inscrición nestas accións formativas é de balde.

As sesións de “Informática e internet avanzado” terán unha duración de 120 horas e levaranse a cabo en quenda de mañá, de 9.30 a 13.30 horas. As temáticas serán sobre formato avanzado en Libre Office Writer, deseño de páxina, sangría e esquema, táboas, imaxes insertadas, uso de estilos e plantillas, crear e personalizar un blog, virus e malware, etc. Para anotarse hai que facelo a través do enlace: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/40867.

O curso de “Comunicación e redes sociais” ten un total de 120 horas e impartirase en quenda de tarde, de 16.00 a 20.00 horas. Tipos de redes sociais, o blog, Facebook, Twitter, You Tube, Instagram, Flickr, Linkeding, Xing e Viadeo e outras redes sociais específicas e para maiores, así como a seguridade en redes sociais, forman parte dos contidos a abordar. O enlace para inscribirse é: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/40866.