Friday 22 de November de 2024

Love of Lesbian actuará no Coliseum da Coruña coa súa xira V.E.H.N.


A banda catalana estará na cidade o vindeiro 13 de maio, no único concerto do grupo en Galicia

As entradas sairán á venda este martes 27 de decembro, ás 12.00 horas, a través de Ataquilla e no despacho de billetes da praza de Ourense

O Coliseum da Coruña acollerá no 2023 o concerto da banda catalana Love of Lesbian, dentro da súa programación musical para o vindeiro ano. O cuarteto formado por Santi Balmes, Julián Saldarriaga, Jordi Roig e Oriol Bonet, acompañados no directo por Ricky Falkner, Dani Ferrer e Marc Clos, preparan xa 2023, onde pechan a etapa V.E.H.N. cuns poucos e exclusivos concertos en España.

O único concerto desta xira en Galicia terá lugar o sábado 13 de maio de 2023 no Coliseum da Coruña. V.E.H.N., o décimo álbum de estudo dos cataláns, foi recoñecido como Disco de Ouro e nomeado a tres Latin Grammy. As entradas para este espectáculo, promovido por Art Music, estarán á venda a partir deste martes 27 de decembro, ás 12.00 horas, a través de Ataquilla e no despacho de billetes da praza de Ourense (de luns a venres de 11.00 h a 15.00 h e 16.30 h a 19.30 h).

O disco, gravado en “La Casa Murada” e producido por Ricky Falkner e Santos & Fluren, foi acollido de maneira excelente por público e crítica e levou a banda a dar mais de cen concertos ao longo destes case dous anos, percorrendo as principais cidades e festivais españois, onde o grupo reuniu a milleiros de ringleiras de fans ata onde non alcanza a vista, #VEHN_Int_Tour visitou capitais europeas como Londres, París, Berlín, Múnich e Bruselas, para xúbilo da comunidade española e novos seguidores atraídous polo ruído deste circuíto nas redes sociais. Como non podía ser doutro xeito, a xira contempla tamén os países de Latinoamérica con maior crecemento na súa base de fans (México, Chile, Perú, Colombia eArxentina) e unha primeira visita a EE.UU. na primavera que se repite no verán de 2022 cun concerto gratuíto en Central Park de Nueva York.