Friday 22 de November de 2024

Preto de 70 escolares do CEIP de Lema participan nun pleno infantil


García Patiño explicoulles o funcionamento da administración local, o regulamento dos plenos, e as atribucións e competencias dos concelleiros

O Concello de Cambre recibiu a preto de 70 alumnos de Educación Primaria do CEIP Emilio González López de Lema que participaron nun pleno infantil desenvolvendo o papel dos concelleiros e dos veciños. Antes da improvisada sesión plenaria, o alcalde, Oscar García Patiño, explicoulles o funcionamento da administración local, o regulamento dos plenos, e as atribucións e competencias dos concelleiros.
Os pequenos, dos cursos 3º e 4º de EP, estiveron moi interesados no papel que desempeñan os traballadores municipais e os concelleiros. Trala explicación do primeiro edil, subiron as súas bancadas os novos “edís”. Neste senso, García Patiño, contestou a unha vintena de rogos e preguntas relacionadas cos problemas dos veciños de Cambre. Os nenos, moi incisivos, esixiron melloras nos parques infantís, un campo de fútbol para Bribes, e a mellora do pavimento en varias carreteras. Ademáis, fixeronse eco das demandas tratadas nas recentes sesións plenarias, e preguntaron polo novo local social de Cela ou a ubicación da futura Biblioteca Municipal.
Tras rematar sesión plenaria, levouse a cabo unha foto de grupo e entregóuselles un doce que levaba gravado o emblema do Concello.