O acto celebrouse este mediodía na Casa da Cultura.
O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, e a concelleira de Cultura e Ensino, Patricia Bello, fixeron entrega hoxe dos doce agasallos aos premiados nos concursos de postais e contos de Nadal organizados polo Concello e nos que se convidou a participar ao alumnado dos tres colexios do termo municipal. O acto desenvolveuse este mediodía na Casa da Cultura da Laracha.
En todos os casos os premios consistiron en libros, material educativo e xogos adaptados ás idades dos gañadores.
O xurado que valorou todos os traballos presentados e outorgou os premios estivo formado por persoal técnico municipal e representantes dos CEIPs Otero Pedrayo da Laracha, Alfredo Brañas de Paiosaco e Caión.
Premiados no Concurso de Postais
Categoría A (educación infantil)
• Aula de 4º de infantil do CEIP Otero Pedrayo.
• Aula de 5º de infantil do CEIP de Caión.
• Aula de 6º de infantil do CEIP Alfredo Brañas.
Categoría B (primeiro ciclo de educación primaria)
• Sara Bauman Lorenzo (2º de primaria do CEIP de Caión).
• Jimena Viturro Domato (2º de primaria do CEIP Alfredo Brañas).
• Álvaro Seoane Castro (1º de primaria do CEIP Otero Pedrayo).
Categoría C (segundo ciclo de educación primaria)
• Sofía Bello Rodríguez (4ºB de primaria do CEIP Otero Pedrayo).
• Zoe Pérez Pedreira (4º de primaria do CEIP Alfredo Brañas).
• Neo Suárez Iglesias (4º de primaria do CEIP de Caión)
Premiados no Concurso de Contos (dirixido a estudantes do 3º ciclo de primaria)
• Marta Señarís Sánchez (CEIP Alfredo Brañas) por La bola mágica de Caperucita.
• Nahia Lahlali Lorenzo (CEIP de Caión) por Unha estrela na noite.
• Inés Martínez Granados (CEIP Alfredo Brañas) por El calcetín de Sarah.