O Concello promove esta popular proba lúdico-deportiva, que contará con dez categorías diferentes
A San Silvestre reunirá a 4.500 corredores o 31 de decembro na Coruña. A proba sairá do Parrote e discorrerá pola Marina ata Juana de Vega seguirá Paseo Marítimo para regresar de novo ao Parrote.
A proba mantén en 2022 o seu carácter solidario, co apoio a dous proxectos. Por unha banda,
recóllense alimentos para a Cociña Económica (con puntos de recollida durante a entrega de dorsais e o mesmo día da carreira), pero tamén colabora co proxecto Reis Magos de Verdad.
Ademais, a San Silvestre Coruña dispón de “dorsais solidarios” de apoio aos corredores e corredoras con capacidades especiais que o necesiten.
Na San Silvestre Coruña hai dez categorías deportivas, divididas en dous infantís, dous xuvenís e seis absolutas, ademais da de marcha nórdica e a de empresas, que se obtén sumando os tempos dos corredores da mesma organización. Tamén hai dous premios ao mellor disfrace, individual e colectivo.
Os interesados en participar poden inscribirse en liña en sansilvestrecoruna.com ou en championchipnorte.com ata o próximo 26 de decembro. Para quen non poidan participar de forma presencial, continúan os retos virtuais iniciados en 2020 na app, como as diversas etapas do Camiño Inglés.
A concelleira Diana Cabanas presidiu a presentación da carreira popular San Silvestre. A edila estivo acompañada de David Iglesias Barca, do Club Rialto e promotor da proba, José Ulfe Bugallo, de Abanca, e César Carballeira, en representación do Liceo, equipo homenaxeado nesta edición. “A San Silvestre é sempre unha das carreiras máis divertidas do calendario. Unha proba na que os participantes se esquecen das marcas e corren para gozar e despedir o 2022 ao grande”, sinalou a concelleira Diana Cabanas. O Goberno de Inés Rey continúa apoiando o deporte a través da celebración de eventos masivos como esta San Silvestre. Ao longo do ano celebráronse as tradicionais carreiras populares do circuíto Coruña Corre e outras probas competitivas como a C10, C21 e C42.
Ademais, o Goberno municipal está a levar a cabo melloras nas instalacións deportivasmunicipais e sumando novos espazos para a práctica do deporte. É o caso da renovación do rocódromo municipal de Riazor ou a creación da nova pista de patinaxe de Novo Mesoiro.
Por outra banda, estase renovando a iluminación dos campos de fútbol municipais por unha de tipo led máis eficiente.