O Goberno de Inés Rey dota a ambos os barrios dun novo espazo de lecer e deporte
O Concello da Coruña finalizou os traballos de ampliación e mellora do parque biosaudable e de calistenia de San Diego e a creación doutro das mesmas características en Matogrande. Desde hoxe a cidadanía xa pode empregar estas estruturas pensadas para o exercicio físico de persoas de todas as idades.
No caso do espazo de Matogrande, este atópase na avenida de San Cristovo, nas zonas verdes onde anteriormente había unhas instalacións de gas, xa desmanteladas. O zona conta con 338 metros cadrados de superficie dividida en dous espazos: un que conta con dúas grandes estruturas de calistenia e outra con catro elementos biosaudables. Hai, ademais, unha praza central de formigón. O novo parque está arrodeado de vexetación, o que o fai desta localización un espazo idóneo para unha instalación destas características.
No caso de San Diego, os traballos consistiron na renovación das máquinas que había neste punto do parque, xunto á avenida de Oza, no barrio dos Castros. Ademais, a actuación tamén permitiu o aumento do número de estruturas instaladas. As máquinas contan cun código QR que permite ás persoas usuarias ter indicacións do seu funcionamento.
O obxectivo do Goberno de Inés Rey con esta actuación é dotar os barrios de Matogrande e Os Castros de áreas deportivas para o uso e goce da cidadanía, aproveitando espazos públicos sen uso como é o caso do parque biosaudable de Matogrande.