O grupo de goberno de Cambre dirixido polo señor Patiño dilapidou 150.000 euros en comunicación, pero a realidade non é outra que é unha forma de realizar campaña para o seu grupo político co diñeiro de todos.
Son 150.000 euros para tapar a incompetencia dun grupo de goberno que desinforma e maquilla a realidade ao seu antollo. Son 150.000 euros que se poderían utilizar en cousas máis importantes que o autobombo dun goberno municipal sen proxecto e sen capacidade para xestionar Cambre.