O número 93974, que xogaba a Alternativa dos Veciños para o sorteo de Nadal, foi agraciado cun premio de 100 euros por cada décimo de 20 euros, xa que coinciden as dúas últimas cifras co 04074, segundo premio do sorteo.
As participacións de Alternativa eran de 2 euros, polo que por cada recibo poden cobrarse 10 euros. Poderá facerse a partir do próximo luns na administración de loterías Liáns, de Santa Cruz (Rúa Francisco Comesaña). O horario de apertura é de 8:30 a 14:00 e 16:00 a 20:30 horas.
En total vendéronse máis de 31.000 euros de lotería nos municipios de Oleiros, Cambre, Sada, Culleredo, Arteixo, A Coruña, Bergondo e Carral, polo que o premio total supera os 155.000 euros.