Friday 22 de November de 2024

Mulleres carballesas formáronse coa Fundación Amigos de Galicia para traballar no sector alimentario


A concelleira de Igualdade e Benestar entregoulles hoxe os diplomas

A Fundación Amigos de Galicia leva varios anos desenvolvendo no noso concello accións formativas para que as persoas con máis dificultades para acadar a inserción laboral poidan adquirir as destrezas precisas para conseguir ese ansiado posto de traballo.

Con ese obxectivo, ademais da formación profesional específica, que nesta ocasión foi un curso de “Operaria alimentaria”, dentro do programa EM-Feminino, subvencionado pola Deputación Provincial da Coruña, tamén se lles ofrecen itinerarios personalizados de busca de emprego.

A concelleira de Igualdade e Benestar, Maica Ures, entregoulles hoxe os diplomas nun acto que se celebrou no salón de plenos. A concelleira destacou a importancia de ofrecer ás mulleres as oportunidades de formación que precisan para acceder ao mercado laboral, xa que se trata dun sector da poboación con maiores dificultades de inserción.