Comentou a obra “Flores de Ferro”, último libro lido polas persoas asistentes ao Club
A autora María Rei Vilas participou o pasado venres no Club de Lectura de Cabanas, onde intercambiou comentarios arredor da súa novela “Flores de Ferro”, o último libro que leron as persoas participantes no Club.
Ademais de ser autora de libros de texto de Bioloxía e Xeoloxía, María Rei deu o salto á novela con “Flores de Ferro”, unha historia no que a intriga asolaga tanto o persoal coma o colectivo, cun destacado protagonismo das mulleres, uns personaxes inesquecíbeis e unha trama onde as vítimas silenciadas poden procurar, cando menos, unhas pingas de xustiza, que lle serviu para gañar o premio García Barros no 2020.
O Club de Lectura está organizado pola área de cultura, e se reúne os últimos venres de mes á tarde. As persoas interesadas en participar poden dirixirse ao correo cultura@cabanas.gal ou chamar ao 981 495 959 (ext. 3) para anotarse ou recibir máis información.