Destaca o traballo de Mónica Martínez, que renuncia ás súas competencias á fronte da Concellaría de Deportes, que pasará a depender de Alcaldía
O Goberno municipal acata a sentencia do TSXG emitida hoxe sobre a nulidade do nomeamento da Concelleira Mónica Martínez como responsable de Deportes aínda que sen compartir o razoamento do tribunal dado que a decisión tomada estaba avalada por informes xurídicos e non modificaba a maioría plenaria.
Dando cumprimento ao fallo xudicial e tras avaliar cos servizos xurídicos as posibilidades de recurso por parte do Concello, Mónica Martínez, de mutuo acordo co Goberno, renuncia ás competencias delegadas de Deportes que serán asumidas pola Alcaldía nos próximos días.
O Goberno destaca o traballo exemplar e dedicación da concelleira de Deportes durante todo o seu período ao fronte da área e manterá os mesmos obxectivos e proxectos liderados ata o momento pola edila.
O Goberno respecta todas as accións xurídicas que poda emprender a concelleira na súa defensa ao existir un voto particular sobre os efectos económicos da sentencia.