Alternativa dos Veciños de Cambre non se explica como pode ser que un porcentaxe alto das licitacións do Concello queden en branco.
Concretamente sorprende a renovación do complexo polideportivo da Barcala, que xa vai pola segunda vez que se dá a situación, alegando na primeira ocasión o incremento do prezo dos materiais.
“Neste momento actual, insistimos en que nos expliquen que está a suceder e por que as empresas parece que renegan de traballar co Concello de Cambre”, dixo o voceiro de Alternativa Raúl Varela.